CAMIÑO DO NORTE
O Alcalde de Paderne presentou, na sesión plenaria celebrada este pasado día 1 de xuño, unha moción para solicitar á Xunta de Galicia un Decreto polo que se aprobe a delimitación do tramo Vilalba-Betanzos como integrante do Camiño Norte Orixinal de Santiago.
Con esta moción aprobada en pleno, por unanimidade, búscase facer oficial este tramo do Camiño, que conta xa co apoio público da igrexa en base á documentación presentada e ao correspondente estudo histórico.