CABALGATA DE REIS
As Súas Maxestades visitaron o Concello de Paderne este día 4 de xaneiro para recoller as cartas dos nenos, nenas e maiores.
Comezaron cedo, ás 10 da mañá, non sin antes visitar ós pequeniños que se atopaban desenvolvendo actividades dentro das Aulas de Conciliación que están a ter lugar no baixo da Casa Consistorial; recolleron as cartas que xa tiñan preparadas e charlaron un pouquiño con eles dándolles así unha gran sorpresa xa que non esperaban a súa visita.
Logo empezaron o recorrido por todo o termo municipal acompañados pola protección civil do Concello que ía mostrándolles o camino.
Despois dunha intensa mañá regresaron á Casa Consistorial a cumprir coas citas de videochamadas que tiñan con tódolos nenos e nenas que así o solicitaron pero antes o Alcalde deulles a benvida agradecéndolles o esforzo de recorrer todo Paderne para manter a ilusión de grandes e pequenos ademais de permanecer todo o día para que así, os máis pequenos, tiveran a oportunidade de poder falar con eles.