AXUDAS ÁS COMISIÓNS DE FESTAS

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 224 de 25 de novembro de 2022, ven de facerse pública a convocatoria e bases reguladoras de axudas a comisión organizadoras das festas patronais e populares no Concello de Paderne durante o ano 2022, ao abeiro do Programa de axudas ao sector das orquestras e verbenas (PEL-CONCELLOS OV) incluído na Liña 1.3 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

O obxecto das mesmas é o de contribuír á reactivación económica, á xeración de recursos económicos e á promoción e mantemento do emprego, no sector empresarial do mundo do espectáculo e movemento cultural e, en concreto, do sector das orquestras e verbenas.

As actividades obxecto desta convocatoria, deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro  e o 31 de decembro de 2022, polo que as contratacións das orquestras poderán realizarse dentro deste período e, en consecuencia, non poderán imputarse ao programa gastos realizados con posterioridade.