Obtención axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia.
O Concello de Paderne resultou beneficiario dunha axuda ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814B) por importe de 14.900,00 € (IVE excluído) para o proxecto ESTUDO DO BORDO LITORAL DO CONCELLO DE PADERNE PARA A CONSERVACIÓN E USO PÚBLICO SOSTIBLE EN REDE NATURA 2000.
A presente actuación ten como finalidade dotar ao Concello de Paderne dunha base técnica para o coñecemento e análise do bordo litoral comprendido entre Ponte do Porco e Ribeira de Chantada, nun ámbito incluído integramente na Rede Natura 2000. O estudo oriéntase á comprensión das condicións físicas, ambientais, paisaxísticas e territoriais deste tramo costeiro, co obxectivo de identificar criterios que permitan orientar a súa conservación e a posible compatibilización con usos públicos de baixa intensidade.
Estas axudas destínanse a actuacións previstas na intervención 6871, inversións non produtivas en servizos básicos no medio natural - subintervención 68710_01.-RN 2000, do PEPAC 2023-2027 de Galicia, e están financiadas polo Feader nun 80 %, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 16 % e a Xunta de Galicia nun 4 %.


