Uso da auga

medioambiente

Uso da auga no mundo

  • O uso da auga varía moito nos diferentes países e dunhas zonas a outras
  • En España, a maior parte da auga utilízase para a agricultura. Adoita ser auga non potable, pero aínda así, é un recurso valioso e caro
  • Outra parte importante dedícase á industria, e nos seus procesos utilízase tamén auga potable
  • O resto da auga que consumimos dedícase ao uso doméstico

Recomendación do uso da auga

  • Pecha a villa mentres: lavas os dentes, te afeitas ou non a necesitas
  • A auga só é para uso doméstico: non regues
  • É mellor unha ducha que un baño: aforras auga se pechas a ducha mentres te enxabonas
  • Poñer a lavadora e o lavavaixelas cheos: pódense aforrar ata 50 litros de auga
  • O bo reparto da auga é algo que nos afecta a todos: usa este ben sen destragalo
  • A auga é necesaria pero só un 3% da mesma é potable: debes coidala