A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO RECIBIU A CINCUENTA ASESORES CHEGADOS DE DIFERENTES PAÍSES EUROPEOS

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibiu a visita de medio cento de asesores rurais de diferentes partes de Europa. 
O acto se encádrase dentro do Congreso Internacional de Extensión Rural 2022 que está tendo lugar estes días en Lugo da man de tres redes europeas de asesores rurais: IALB, Eufras, Seasn e a Universidade de Santiago de Compostela. 
A chegada dos asesores e especialistas prodúcese ao poñer desde o Ministerio de Transición Ecolóxica o exemplo desta Reserva como modelo a seguir para a xestión dun territorio. 
O presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso, e o vicepresidente, César Longo, recibiron aos asesores e lles explicaron a concepción da Reserva e os proxectos en marcha en pos do desenvolvemento rural. Os representantes de Mariñas Coruñesas expuxeron la experiencia da dinamización do territorio desde unha entidade concebida pola suma de tódolos axentes sociais.
Ao longo da xornada, os asesores europeos tamén coñeceron proxectos de produción agroalimentaria adheridos á Marca de Calidade da Reserva de Biosfera, como é o caso dos locais Enflor, Queixería Cagiao e Orballo, ademais de Adegas Beade.
A Reserva coruñesa abarca un total de 116.724 hectáreas repartidas en 17 concellos. A súa creación ten como principal obxectivo o desenvolvemento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, turismo e conservación medioambiental.