ACTIVIDADES NA AULA DA RÍA COAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO

O Concello de Paderne está a desenvolver o Programa Medioambiental de ACTIVIDADES NA AULA DA RÍA para os pequeniños das Escolas de Educación Infantil.

As actividades que forman parte do programa, están incluídas no proxecto “Adecuación e rexeneración do patrimonio medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” ao abeiro das axudas Golfo Ártabro Norte.

O pasado día 6 de abril, foron os pequeniños da Escola de Educación Infantil de Viñas os que participaron na actividade “Refuxios de fauna útil”.

Día 6 de abril, actividade na Aula da Ría coa escola de Viñas

Os da Escola de Educación Infantil de Areas realizaron esta mesma actividade o día 8 de abril.

Día 8 de abril, actividade na Aula da Ría coa escola de Areas

Ademais de recibir información sobre algunhas aves que habitan o noso territorio, participaron na construción de casiñas para aves e morcegos que logo ían a colocar nas respectivas escolas.

Tamén houbo tempo para xogos disfrutando das instalacións da Aula da Ría e o seu entorno.