ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CONCELLO DE PADERNE
As actividades extraescolares do concello de Paderne van a dar comezo o 15 de outubro, sendo a súa presentación o día 3 de outubro ás 20:00 h na Casa do Concello; a ela están invitados tódolos rapaces en idade de escolaridade obrigatoria e os seus pais.
Este día coñecerán toda a oferta á que poden optar durante este curso 2018 – 2019, curso que se presenta con moitas novidades respecto ós anos anteriores. O Alcalde quere sorprender ós rapaces de Paderne con cambios importantes que buscan:
- Completar a súa formación evitando ás familias o esforzo económico que supón o pago de clases particulares
- Enriquecer o seu ocio con actividades innovadoras
- Diversificar a oferta deportiva
- Que esta oferta sirva tamén para coñecer e descubrir a riqueza natural do Concello
- Darlles a posibilidade de que aprendan música tradicional cultivando as nosas raíces e enriquecendo a súa formación
Vanse a dividir en dous grupos ben diferenciados:
- As actividades formativas que reforcen os contidos escolares
Aquí estarían incluídas materias tales como matemáticas, lengua, lingua, idiomas, informática co manexo das novas tecnoloxías e a formación musical.
Faranse coincidir co curso escolar tal e como se viña realizando en anos anteriores.
Sempre diferenciando por niveis e incrementando esta oferta, a petición das familias, coa incorporación das clases de matemáticas para os primeiros niveis da E.S.O.
- As actividades deportivas
Novas actividades nas que figuran o golf, a equitación, os deportes na natureza e o mar, o bádminton, patinaxe, o balonmán, acrossport ou o voleibol son opcións diferentes para compartir
A periodicidade vai a variar en función da propia actividade; así, teremos actividades mensuais e semanais que tamén se comunicarán coa suficiente antelación.
O material necesario para cada unha das actividades vai incluído na mesma.
Un novo formato co que esperamos ilusionar e dar oportunidades novas a tódolos rapaces do Concello.
Actividades distintas, máis en contacto co medio natural, aproveitando as distintas opcións de ocio existentes en Paderne e así proporcionar ós participantes momentos inesquecibles para compartir cos amigos.