ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL PARA ESTE CURSO 2022-2023
O Concello de Paderne preparou unha nova proposta de Actividades de Animación Sociocultural para este curso 2022-2023.
Ademais dos Cursos Anuais, que xa se estaban a impartir, ampliamos a oferta con Talleres e con Andainas.
Haberá Cursos de labores, corte e confección, pintura e manualidades, ximnasia de mantemento e pilates, no distintos locais municipais, en horario de tarde.
Como novidade, propoñemos catro Talleres repartinos durante o curso, que pretenden acercar temas de interese como a cociña, a informática, a medicina natural ou a restauración e tapicería pero nun tempo máis reducido. Impartiranse tamén non locais que mellor se adapten a cada un deles.
E as Andainas serán outra proposta novidosa. Con elas percorreranse as parroquias coñecendo, ademais do entorno, o seu patrimonio cultural e parte da súa historia; poñendo así en valor o noso concello.
As persoas que estean interesadas poderán anotarse ata o día 10 de outubro nas oficinas municipais.