VII MOSTRA DE PRODUTOS DA RESERVA DA BIOSFERA

O Alcalde de Paderne, e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estivo presente, o pasado 14 de setembro, na VII Mostra de produtos da Reserva de Biosfera que se celebrou en Betanzos.

Esta Mostra, representa un magnífico escaparate dos produtos agroalimentarios que se están a traballar nos concellos que conforman a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nela participaron 25 expositores coas súas especialidades, entre as que se atopaban ovos ecolóxicos, patacas, cebolas, tomates de distintas variedades, acelgas, leitugas, pepinos, lúpulo, ecoarroces, conservas vexetais e viño; unha mostra máis das oportunidades que está a xerar a Reserva de Biosfera tal e como indicou o seu Presidente, José Antonio Santiso, nesta xornada inaugural.