MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO

Este ano vaise a realizar a V Mostra do Branco Lexítimo en Paderne con novidades importantes respecto ás pasadas edicións. O maior cambio, de cara ó público visitante, vai a ser o seu novo emprazamento que será na aldea de Esperela, na parroquia de San Xulián de Vigo.

Nesta aldea de Esperela, os veciños souberon conservar ese encanto que a identifica coa Galicia tradicional coa introdución de cambios e comodidades para adecuala á vida actual sen perder por elo a súa identidade. A visión que Esperela ofrece ó visitante fai que se adapte como ningunha para que os que acudan á Mostra disfruten, tanto do programa de actividades organizadas para os dous días, como do entorno que a rodea.

Será os días 9 e 10 de xuño e, xunto coas actividades complementarias que encherán o programa, os contidos sobre o mundo da enoloxía e en concreto sobre o Branco Lexítimo, proporcionarán un nivel máis especializado ó evento, sen que por elo perda o encanto lúdico que todo acontecemento que quere atraer visitantes debe ter.

Así, tanto os que acudan porque desexen coñecer máis en profundidade esta variedade de viño, como aqueles que queiran disfrutar das actividades, exposicións, facer compras, pasear entre os distintos postos de viño, alimentación, artesanía ou maquinaria, ademais de comer o polbo como nas anteriores edicións, poden achegarse estes dous días ata Esperela e sorprenderse deste nova concepción da Mostra.

O Concello está a ultimar os preparativos para acoller novamente ás persoas que acudan coa mellor disposición posible poñendo todo o empeño en proporcionarlles gratas experiencias.