XVIII FESTA DOS MAIORES DE PADERNE

As persoas maiores de 65 anos e pensionistas maiores de 60 empadroados no Concello de Paderne, están invitados a participar na “XVIII Festa dos Maiores de Paderne” que se está a organizar para o vindeiro sábado 22 de xuño.

Unha celebración para a cal se disporá de servizo de transporte desde as paradas habituais coa saída da Casa Consistorial ás 11:00 h. e co regreso previsto para as 19:00 h, de este xeito, tódalas persoas terán a posibilidade de disfrutar dun día de festa especialmente pensado para eles.

Como xa é habitual, e despois do saúda do Alcalde, terá lugar a Misa de Campaña cantada pola Coral Albeiro de Velouzás á que seguirá o acto de felicitación ós maiores de cada parroquia, para despois trasladarse tódolos asistentes a un restaurante cercano onde terá lugar a comida e a festa máis informal disfrutando todos xuntos de este día tan especial.

A data límite para anotarse é o 17 de xuño e a participación na Festa será totalmente gratuíta.