XV FESTA DE MAIORES

O último sábado do mes de abril celebrouse en Paderne a XV Festa de Maiores no pavillón polideportivo municipal engalanándose ese día para acoller os actos programados para pasar todos xuntos esta festa.

Comezouse ás 13:00 h cunhas emotivas palabras nas que o Alcalde deu a benvida a tódolos asistentes; a continuación a Santa Misa concelebrada polos dous párrocos do Concello e cantada pola Coral Albeiro de Velouzás.

De seguido, o acto de felicitación ós maiores de cada parroquia, foi un momento de especial emotividade no que o Alcalde rendeu homenaxe a cada un deles.

A comida foi seguida por o sorteo de agasallos e uns agradables momentos de entretemento e xogos de maxia polas mesas así como pola espontánea actuación das gaitas coa que deleitaron un pequeño grupo de persoas asistentes á festa.

SERVIZO DE PODOLOXÍA

Púxose novamente en funcionamento o servizo de Podoloxía para as persoas de Paderne socias do Centro de Maiores.

Este servizo gratuíto empezou novamente neste mes de maio co seguinte horario:

  • Luns e martes de 10:00 a 17:30 horas
  • Mércores de 15:30 a 20:30 horas
  • Xoves de 9:30 a 14:00 horas

Poden solicitalo tódalas persoas do Concello con más de 65 anos ou con máis de 60 se son pensionistas e socios do Centro de Maiores, requisito imprescindible para acceder ó servizo.

Os que desexen maior información poden solicitala chamando ós teléfonos do Concello.

ACTIVIDADES NO CENTRO DE MAIORES

Dirixidas a persoas maiores de 65 anos e pensionistas maiores de 60. As persoas participantes que non posúan o CARNÉ DE SOCIO/A do Centro de Maiores, adquirirano coa súa participación

SERVIZOS

Zona de rehabilitación interior
Circuíto saudable no exterior
Zona lúdica
Zona de lectura e xogos
Zona de estar e convivencia

¿QUEN PODE DISFRUTAR DO CENTRO?

Tódalas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60, os maiores de 55 en situación de prexubilación así como os cónxuxes e/ou parellas.
Tódalas persoas que cumpran os requisitos e o desexen, poderán facerse socios do centro. Para elo serán atendidos nas propias dependencias, na oficina de administración e dirección debendo de cubrir un impreso no que se sinalarán os datos persoais adxuntando ademais dúas fotografías tamaño carné e o seu D.N.I