XUVENTUR 2017

O Concello de Paderne pon a disposición dos rapaces de entre 18 e 30 anos toda a información necesaria para que poidan coñecer as posibilidades de ocio que lles ofrece o programa Xuventur 2017 durante o mes de outubro.

Trátase dun programa de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana que poñen en marcha a Axencia de Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Os obxectivos son a mellora das competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal, facilitar que os mozos e mozas galegos coñezan a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir experiencias do turismo rural de Galicia así como promover a educación ambiental e o ocio saudable.

Este programa, que é gratuíto, inclúe aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado), manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, programa de actividades, equipo técnico responsable e material preciso para o desenvolvemento destas actividades.

O número máximo de persoas que poden participar en cada unha das opcións e fins de semana oscila entre 17 e 18, en función da capacidade das casas de turismo rural correspondentes.

Os rapaces de Paderne interesados en solicitar máis información poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello.

© 2013 Concello de Paderne