FORO “XUVENTUDE EN MOVEMENTO”

O Concello de Paderne informa do Foro “Xuventude en Movemento” que organizan a Universidade de A Coruña e Europe Direct, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña.

Susténtase en tres piares fundamentais para calquera estudante ou titulado universitario: a formación, o emprego e o emprendemento e complétase con actividades lúdicas e formativas. Este Foro celébrase os días 7 e 8 de novembro na Facultade de Economía e Empresa, no Campus de Elviña da Coruña.

  • Poden participar:
  • Estudantes universitarios
  • Titulados universitarios
  • Persoas interesadas en incrementar as súas habilidades de comunicación
  • Persoas interesadas en estudar ou desenvolver a súa profesión noutro país da Unión Europea
  • Persoas emprendedoras que desexen pór en marcha o seu proxecto

O prazo para realizar as incricións dará comezo o día 17 de outubro e durará ata o 6 de novembro ás 14.00 horas e formalizarase a través da páxina web de Europe Direct.

A súa realización outorga o recoñecemento dun crédito para os títulos de Grao.

Os que desexen maior información poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello

© 2013 Concello de Paderne