PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

Aquelas persoas de máis de 60 anos que teñan que pasar o Nadal soas, poderán solicitar a súa participación no Programa “Xuntos polo Nadal”.
O programa levarase a cabo entre o día 22 de decembro de 2021 e o día 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites), e comprende os seguintes servizos:
Estadía na residencia durante 8 días (7 noites).
Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. 
Desprazamento en autobús desde A Coruña  ata a residencia de tempo libre.
Actividades de animación sociocultural.
As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais comunitarios do Concello para recibir máis información.
Data limite para a presentación de solicitudes: ata o día 15 de novembro (incluído)