XORNADAS TÉCNICAS E TÚNEL DO VIÑO EN ESPERELA, PADERNE
Previo á Mostra do Branco Lexítimo que se vai a celebrar na primeira fin de semana de xullo, os días 2 e 3 na aldea de Esperela, terán lugar unhas Xornadas Técnicas e o Túnel do Viño o día 13 de xuño nunha carpa habilitada polo Concello no mesmo lugar de celebración da Mostra.
Nestas Xornadas Técnicas e Túnel do Viño, estarán representadas tódalas Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, promocionadas polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia e, en particular, polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas –Betanzos e Terras do Mandeo.
Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público en xeral daranse cita para coñecer os viños das distintas IXP de Galicia; viños de calidade comprometidos coa preservación do patrimonio cultural e vitivinícola.
Con elo preténdese favorecer o coñecemento do produto que elaboran as distintas adegas dentro e fóra das súas comarcas, xa que en cada unha delas as características, as variedades de uva permitidas e demais requisitos para a elaboración do viño embotellado, son distintos.
Todo elo, converte a Paderne nun importantísimo punto de encontro grazas aos esforzo e traballo do Alcalde e Vicepresidente do GDR Mariñas-Betanzos, César Longo, que loitou para que se puidese realizar no Concello e así seguir sumando referencias.