XORNADA: POSIBILIDADES DE VENTA DE OVOS PROCEDENTES DE EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS ARTESANAIS
A xornada: “Posibilidades de venta de ovos procedentes de explotacións avícolas artesanais”, celebrada o 22 de novembro no espazo Coworking de Souto (Paderne), foi presentada por César Longo, Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, levou a cabo esta xornada que estivo impartida por Diego Rois, director técnico de AVIMÓS.
Os contidos versaron sobre:
- As explotacións avícolas artesanais
- As posibilidades de comercialización de ovos baixo o amparo do Decreto 125/2014 de 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.
- Instalación de pequenos centros de embalaxe de ovos procedentes de explotacións avícolas artesanais
- Ilustración de caso real de envasado e comercialización de ovos dunha explotación avícola artesanal.
A formación estivo dirixida a agricultores/as en activo, persoas responsables e traballadoras de empresas agroalimentarias, con solicitude de incorporación á actividade agraria, en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ó sector primario e outras persoas interesadas.
César Longo fixo énfase nas “oportunidades que ofrece o territorio” para o desenvolvemento de actividades agroalimentarias como aposta de traballo da Reserva de Biosfera.