XORNADAS DE TURISMO E MEDIO AMBIENTE NA RESERVA  DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

O pasado 27 de abril, o Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, César Longo, asistiu á xornada de Turismo e Medio Ambiente celebrada na Casa da Cultura de Sada.

Inaugurada polo Presidente da Deputación da Coruña, estas xornadas tratan de incentivar o turismo sostible desde os concellos, así como a potenciación da gastronomía como dous piares fundamentais para a posta en valor dos recursos locais.

Destacando a importancia deste espazo natural, que cumpre os principios xerais da Unesco, trátase de conxugar unha política de turismo sostible facilitando un desenrolo económico que harmonice a vida das persoas que o habitan, co respecto e coidado do medio ambiente.

Así, o Concello de Paderne, sempre implicado no coidado medioambiental, segue adoptando medidas en consonancia con esta filosofía así como na procura da posta en valor dos seus importantes recursos turísticos como fonte de riqueza para a poboación.

© 2013 Concello de Paderne