Xornadas da REDR: “¿Que LEADER queremos no futuro?”

O Alcalde de Paderne e Vicepresidente do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) Mariñas-Betanzos, César Longo, asiste este 17 e 18 de outubro ás xornadas “Que LEADER queremos para o futuro?” que organiza a Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) en Sant Joan de Labritja, Ibiza.

Nunha das reunións deste primeiro día: “Reunión de Redes de Desenvolvemento Rural de España”, o Alcalde de Paderne participou xunto co Alcalde de Abegondo e Presidente do GDR Mariñas-Betanzos.

Dirixidas a integrantes das xuntas directivas e equipos técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural, teñen como obxectivo, entre outros, analizar a situación actual de LEADER en función do novo regulamento europeo e trazar os obxectivos a conseguir para o vindeiro período 2020-2027.

Conscientes da importancia dos Grupos de Acción Local (GAL) ou Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para o desenvolvemento económico das respectivas comarcas, estanse a valorar as propostas e solucións máis apropiadas ante os novos retos que a sociedade actual está presentando e a resposta que poden dar para a mellora e impulso do rural.