XORNADA SOBRE A PÍNTEGA EN GALICIA

ESPECIE DO ANO 2021 NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO


A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo realizou o pasado 4 de setembro unha xornada sobre a píntega, especie do ano 2021 na Reserva de Biosfera, no  Centro Social de A Rúa, Biblioteca de Miño.

O Vicepresidente da Reserva de Biosfera MCeTM e Alcalde de Paderne, César Longo, o Alcalde de Miño, Manuel Faraldo e o Presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Ricardo Ferreiro, foron os encargados de abrir esta xornada que desde as 9.30 ata as 14.30 h. centrou a súa atención na Salamandra salamandra.

Unha xornada científica na que tamén tomaron parte, ademais dos representantes do Grupo Hábitat, profesores universitarios, doutores en bioloxía e estudantes, aportando os seus coñecementos especializados ás persoas asistentes e poñendo así en valor a esta singular especie do territorio da Reserva de Biosfera.