XORNADAS: “A PAISAXE AGRARIA GALEGA E A BIODIVERSIDADE”

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o pasado 5 de xuño, o Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, César Longo, xunto co Director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), co Presidente do Grupo Naturalista Hábitat e a Técnico da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), abriu as xornadas “A paisaxe galega e a biodiversidade” que se realizaron no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Estas xornadas congregaron a expertos en natureza, agricultura e gandería, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario e ambiental, traballadores, técnicos e público interesado por estes temas.