O PROXECTO ÁRTABRO2 E A GOBERNANZA NO MEDIO MARIÑO

O Castelo de Santa Cruz de Oleiros, sede do CEIDA, realizou este pasado día 18 de novembro, a xornada “O proxecto Ártabro2 e a gobernanza no medio mariño”

O Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, César Longo, participou desta xornada que tiña como obxectivo dar a coñecer o proxecto Ártabro2 de conservación das aves do noso litoral e o inicio das actuacións participativas previstas no mesmo.

Outro dos importantes obxectivos era debater e reflexionar sobre os modelos de gobernanza e participación para a xestión do medio mariño e as súas áreas protexidas.

Interviron tamén nela a Directora da Fundación Biodiversidad, Elena Pita, o Director do Ceida, Carlos Vales, o Técnico do Ceida, Sergio París, o Responsable de Gobernanza Ambiental e Convenios Internacionais de SEO/BirdLife, Juan Carlos Atienza, e o Directivo executivo da Fundación Lonxanet para a pesca sostible da Universidade da Coruña, Antonio García Allut.