XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro día 24 de novembro ás 20:00 h no local social da asociación de Veciños de Viñas, o Concello de Paderne ten previsto un acto con motivo do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.
O Alcalde quere invitar a tódolos veciños ó mesmo e disfrutar xuntos da obra “Entre bambolinas” que vai a representar a Asociación Cultural Cardume.
Unha xornada de reivindicación e loita contra este grave problema, especialmente duro no 2017, que conta xa cun gran pacto de estado asinado recentemente no Congreso dos Deputados no que se contemplan 213 medidas e o respaldo económico de 1.000 millóns de euros.
A educación como base para inhibir este tipo de comportamentos e a protección social como medida de apoio ás familias que a sofren, son puntos fundamentais para axudar a paliar o drama que acompaña a estes actos.