XORNADA SOBRE A PÍNTEGA EN GALICIA

ESPECIE DO ANO 2021 NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

O vindeiro día 4 de setembro terá lugar, no Centro Social A Rúa – Biblioteca de Miño, unha xornada de conferencias no marco da iniciativa Especie do Ano 2021 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; este ano, a píntega (Salamandra salamandra) será a especie a por en valor fomentando o seu coñecemento.

O Vicepresidente da Reserva de Biosfera MCeTM e Alcalde de Paderne, César Longo, o Alcalde de Miño, Manuel Faraldo e o Presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Ricardo Ferreiro, serán os encargados de abrir esta xornada que desde as 9.30 ata as 14.30 h. centrará a súa atención nesta especie propia do territorio.

Desde o ano 2014 estase a realizar esta iniciativa desenvolvendo unha importantísima labor de concienciación da poboación a través da cal a Reserva de Biosfera deseña distintas actuacións co fin de achegar á cidadanía ao coñecemento de especies singulares como parte do seu compromiso co territorio que representa.

É unha xornada de balde e aberta ao público aínda que as súas prazas están limitadas, polo que as persoas interesadas poden manifestar o seu interese en asistir inscribíndose a través do formulario online dispoñible en www.gnhabitat.org .