XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Paderne súmase ós actos que con motivo do “Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller” ou “Día Internacional da non Violencia de Xénero”, se veñen celebrando en moitas localidades este 25 de novembro.
Convertido nun grave problema social e con graves repercusións para as persoas que a sofren e o seu entorno, búscase entre todos, poñer maior fincapé na educación como unha das claves para a súa erradicación ó mesmo tempo que se demanda unha axeitada resposta da xustiza para evitar a impunidade de todo aquel que a exerza.
En Paderne está convocado un acto nas dependencias do Centro de Maiores este día ás 20:00 h; nel, ademais de reivindicar unha sociedade igualitaria e sen vítimas, apelamos ó papel relevante que a educación en valores xoga na conciencia de respecto ós demais desde as primeiras idades.
Queremos falar sobre o tema e despois, en clave de humor, teremos unha pequena representación de maxia para sacar o mellor dos nosos sorrisos nun día cheo dunha gran carga emocional.