XI ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES
O pasado 13 de marzo, tivo lugar a celebración do XI Aniversario do Centro de Maiores de Paderne, para o cal se planificou unha visita a Aula de Natureza Juan Lembeye e ó Xardín Botánico “Ría do Burgo”.
O grupo de asistentes, acompañados polo Alcalde e o Concelleiro de Benestar Social, foron recibidos nestas instalacións pola Concelleira de Educación, Cultura e Participación Cidadá que, acompañada polo historiador do Concello de Culleredo, proporcionaron información sobre as mesmas.
A comida celebrouse nun restaurante cercano; e na sobremesa realizouse, como xa é habitual, o sorteo de regalos e un animado baile do que disfrutaron moitos dos asistentes.
Unha agradable xornada que celebra a creación dunhas instalacións que veñen a proporcionar importantes servizos para os seus socios tales como o de podoloxía, centro de ocio e reunión ou aparatos de ximnasia cos que exercitar o corpo.