VIXILANCIA DA UNIDADE MILITAR DE EMERXENCIA (UME)

O mércores día 22 de abril, a Unidade Militar de Emerxencia (UME), recorrerá o Concello de Paderne participando en tarefas de apoio no marco da crise producida polo COVID-19.

Esta labor, esencial para o cumprimento das normas ditadas polo Goberno co fin de protexer á poboación de posibles contaxios e así poder erradicar coa maior brevidade posible o virus causante do confinamento, merece todo o respecto por parte da cidadanía entendendo que están a cumprir as súas funcións de velar polo benestar común.

Por elo, durante esta xornada, varios vehículos  desta UME, recorrerán as aldeas do Concello amonestando ás persoas que non cumpran as normas ditadas polas autoridades.