VISITA A PADERNE DA SUBDELEGADA DO GOBERNO EN GALICIA

O pasado día 5 de agosto, o Alcalde de Paderne, César Longo, recibiu no Concello á Subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, que veu acompañada polo Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de A Coruña.

Un dos temas tratados foron os problemas que se están a dar nos accesos á praia da Xurela debido ao gran número de vehículos que están a dificultar o paso e o tránsito dos residentes da zona. 

Outros temas abordados nesta reunión estiveron centrados en proxectos que afectan á estrada Nacional 651 como a cesión de varios tramos da mesma ó Concello, a extensión da Banda Ancha de Nova Xeración que xestiona a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais para ampliar a cobertura no rural, a reforma do alumeado público en todo o Concello e a intervención de Costas do Estado na recuperación da Ribeira de Paderne.