VISITA A PADERNE DO SECRETARIO XERAL DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA

O Secretario Xeral dos socialistas galegos e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, realizou unha visita a Paderne este pasado 22 de agosto.

A primeira parada foi na Casa Consistorial onde mantivo unha reunión co Alcalde, César Longo, e os concelleiros do grupo municipal socialista no goberno municipal.

Despois desta reunión, o Alcalde de Paderne levouno a coñecer as instalacións da Empresa Orballo, en Donín, Paderne, acompañados polo portavoz dos socialistas galegos en Madrid, polo senador de Betanzos e os alcaldes de Sobrado e Mesía.

Alí, ademais de degustar o té ecolóxico que comercializan, tivo ocasión de coñecer as instalacións acompañado por Gerardo Lagares que puxo en marcha esta empresa no 2012 co propósito de cultivar produtos libres de químicos, saudables e respectando a biodiversidade e o ecosistema.

Coas ideas claras de respeto hacia o medio ambiente e revalorización do rural a través da produción ecolóxica, puxo no mercado o primeiro té ecolóxico de Europa ó amparo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O Alcalde de Paderne, Vicepresidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, puido mostrar con orgullo esta empresa que no pasado 2018 foi unha das tres distinguidas co primeiro certificado de Marca de Calidade para os seus produtos.