VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA EMPRESA ORBALLO

Este 23 de outubro o Director Xeral de Institucións Agropecuarias da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, José Balseiros, acompañado polo Presidente do GDR Mariñas-Betanzos e Alcalde de Abegondo José Antonio Santiso e o Vicepresidente deste GDR e Alcalde de Paderne César Longo, realizaron unha visita á empresa Orballo, ubicada en Donín, Paderne.

En funcionamento desde o 2012, nela cúltivase o primeiro té ecolóxico de Europa e conta co distintivo de calidade da Reserva de Biosfera, sendo unha das tres que o obtiveron a nivel mundial.

Unha importante visita na que se puido comprobar a excelente labor que se está a facer na aplicación dos fondos xestionados polo Programa de Desenvolvemento Rural. As axudas para proxectos que encaixan coas estratexias previstas nos fondos LEADER para o desenvolvemento do medio rural, teñen como meta restaurar e preservar os ecosistemas relacionados coa agricultura mellorando a competitividade e modernizando as explotacións, o que favorece a inclusión social e o desenvolvemento local en zonas rurais, obxectivo claro do Grupo de Acción Local de Leader.

Así, un dos cometidos do GDR Mariñas-Betanzos, é a implantación do Plan Leader na nósa Comunidad cos medios e ferramentas axeitados, poñendo en valor a terra e preservando o ecosistema; segundo César Longo, Alcalde de Paderne, esta empresa que dirixe Gerardo Lagares, responde ós valores de conservación dos recursos locais que permitan a sustentabilidade económica da zona, constituíndo un importante valor no municipio.

Nesta visita, realizaron un paseo polos cultivos de té recibindo as explicacións do seu director Gerardo Lagares