INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS ENTRE O GALP-GOLFO ÁRTABRO NORTE E O GALP-SECTOR PESQUEIRO (ADERLAN)
O Alcalde de Paderne, César Longo, Vicepresidente do GALP-Golfo Ártabro Norte, acompañado pola Presidenta, Mª José Crespo e membros da Xunta directiva, están a realizar unha viaxe de intercambio de experiencias a Lanzarote co GALP-Sector Pesqueiro (ADERLAN).
A Asociación para o Desenrolo Rural e Pesqueiro de Lanzarote (ADERLAN), busca promover o desenrolo do medio rural da illa e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes a través de distintas accións e programas, parte dos cales se intenta coñecer durante a viaxe.
Os obxectivos deste encontro son:
- A cooperación entre os Grupos de Acción Costeira
- O intercambio de experiencias e boas prácticas Establecer as bases para futuros proxectos de cooperación entre ambos Grupos
- Coñecer proxectos e accións do sector pesqueiro financiados cos programas FEP 2007-2013 a este Grupo
- Captar ideas novas de comercialización e de actividades complementarias para as confradías de pescadores do territorio coñecendo, de primeira man, o funcionamento das confradías de Lanzarote.
- Coñecer as actividades e sinerxias coa Reserva da Biosfera desde a óptica dun GALP en Lanzarote, tendo en conta que Lanzarote é Reserva da Biosfera desde o ano 1993 e modelo de desenvolvemento sostible grazas á integración da natureza, propia da illa, e a acción humana.
César Longo espera que esta visita sirva para captar ideas e proxectos para os emprendedores de Paderne relacionados co sector do mar a fin de que poidan aportar beneficios ó tecido social e económico do Concello.