VISITA DO GRUPO DE COCIÑA Ó CENTRO DE HOSTALERÍA EN A CORUÑA

O Concello de Paderne organizou unha visita ó Centro de Formación de Hostalería da cidade da Coruña o pasado 26 de xaneiro.

Alí os alumnos de cociña das actividades de adultos, acompañados polo Teniente-Alcalde, Rafael Castro, puideron coñecer o funcionamento dunha cociña profesional.

A xornada deu comezo visitando as distintas dependencias do centro: a zona de repostería, a panadería, as cociñas e o office. Resultou moi interesante ver como os propios alumnos do centro, guiados polos seus titores, distribuían os grupos de traballo dentro da cociña, como realizaban a manipulación e conservación dos alimentos así como o proceso de elaboración e empratado.

A visita finalizou cunha degustación na zona de comedor. Entre os entrantes, primeiros, segundos e postres foron un total de dez os pratos que tiveron a opción de probar completando así unha interesante visita que ven a reforzar a actividade de cociña do Concello.

© 2013 Concello de Paderne