VISITA DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL BAIXO MIÑO

A Asociación Mariñas-Betanzos, da cal o Alcalde de Paderne é o Vicepresidente, recibeu o pasado 24 de xaneiro á Asociación de Desenvolvemento Rural Baixo Miño que se achegaron a coñecer as liñas de traballo na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Acompañados tamén polo Presidente da Asociación, polo Director do CEIDA e o Xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, utilizaron esta xornada de intercambio, para contemplar os aspectos técnicos do traballo que se está a realizar, e mostrar algunhas das infraestructuras como a visita á Depuradora Filtro Verde e ós Viveiros para o Emprendemento, entre os que se atopa a empresa Orballo no Concello de Paderne.

Un intercambio importante que levou a ver sobre o terreo algúns exemplos de actuacións encadradas na filosofía da Reserva da Biosfera e de respeto polo medio ambiente.

© 2013 Concello de Paderne