PRESENTACIÓN DO 2º CUADRIMESTRE DA UNED-SENIOR

O pasado venres día 20 de febreiro tivo lugar a presentación do 2º cuadrimestre da UNED-Senior cun acto que se celebrou no pavillón polideportivo de A Castellana, no Concello de Aranga. No acto estaban presentes alumnos dos concellos de Paderne, Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero e Xermade.

Ademais da presentación desta última parte do curso 2014-2015, fíxose entrega dos diplomas do anterior cuadrimestre.

O Alcalde, que quixo acompañar ós alumnos de Paderne, fixo entrega dos diplomas xunto cos representantes dos demais concellos.

© 2013 Concello de Paderne