TÚNEL DOS VIÑOS DAS IXP DE GALICIA

Este sábado día 20 tivo lugar a presentación do “Túnel dos viños das IXP de Galicia” en Pontevedra.

Con diversas catas ó longo de todo o día, foron degustándose viños de tódalas indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

A xornada desenvolveuse no local do GDR Pontevedra-Morrazo en Os Campos-Morente e ata alí desprazáronse o Presidente do GDR Mariñas-Betanzos, José Antonio Santiso, e o Vicepresidente, César Longo moi implicados na posta en valor da IXP Viños da Terra de Betanzos.

A iniciativa, que tivo por lema “Viños que falen de nós”, busca a implicación de tódalas entidades locais coas IXP sumando esforzos para continuar coa gran labor que se está a realizar en toda a Comunidade.