ENTREGA DE TROFEOS DO III TORNEO DE GOLF TERRA DAS MARIÑAS

O III Torneo de Golf Terra das Mariñas, patrocinado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, disputouse os pasados días 6 e 7 de agosto no campo de golf de Miño.
A entrega de trofeos ós gañadores foi realizada polo Alcalde de Miño, Manuel Faraldo, e polo Vicepresidente da Reserva de Biosfera e Alcalde de Paderne, César Longo.
Xunto cos típicos trofeos, os gañadores recibiron produtos da Reserva de Biosfera cos que se quere promocionar e destacar a calidade do que se está a elaborar neste territorio.