TÉCNICO AULA DA RÍA

A Aula da Ría do Concello de Paderne vai a contar novamente cun técnico para desenvolver as funcións derivadas do traballo de divulgación e planificación de actividades relacionadas cos fins desta instalación municipal.

Así, ven de recibir unha subvención de 5.095,78 € da Deputación da Coruña dentro da convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a contratación de persoal técnico para museos e centros de interpretación durante o 2020.