TARXETA XENTE NOVA
O Concello de Paderne quere por en coñecemento das familias a “Tarxeta Xente Nova” da Consellería de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia e que permite realizar as viaxes interurbanas de xeito gratuíto ós mozos e mozas de entre 4 e 18 anos que a posúan.
Pode solicitarse a través do seguintes enderezos:
www.tmgxentenova.xunta.gal ou http://solicitudeonline.abanca.com/tarjetas/gl/txn obtendo así unha cita na oficina de Abanca máis próxima.
Unha vez concertada a cita, só tes que levar o teu D.N.I. e acudir acompañado do teu representante legal (pai/nai/titor/titora) que tamén deberá levar o seu D.N.I. e libro de familia ou documentos equivalentes.
Esta tarxeta terá un saldo inicial de 20 € que xa poderás utilizar no transporte metropolitano; unha vez esgotado o saldo, podes volver a recargala en tódalas oficinas e caixeiros de Abanca, así como na Banca Móbil e/ou na Banca Electrónica de Abanca.
Para recibir a túa bonificación só tes que achegar a tarxeta, pola zona do chip, á parte central do lector. O son dun asubío indicará que a lectura é correcta.
Para mantela en perfecto estado debes seguir unas instrucións:
- Non a expoñas ó sol nin a temperaturas elevadas
- Protéxea da humidade e de ambientes corrosivos como o salitre mariño
- Nunca debes levala pegada ó móbil
- Non intentes limpala con produtos corrosivos
Para maior información podes dirixirte á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Paderne.