Tarxeta Benvida

Persoas beneficiarias

Ter fillas ou fillos nados ou adoptados ou en situación garda preadoptiva,  entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Ampliación:

Poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas..

Requisitos

  1. Residencia habitual en Galicia. 
  2. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. *
  3. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación 

* Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

Contía da axuda

  • 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes, con carácter xeral.
  • 2.400 € a razón de 200 €/mes, se o fillo ou filla que dá dereito á axuda é o terceiro/a ou sucesivo/a.

As contías dos puntos anteriores incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística.

Prazo de solicitude

Dous meses dende o nacemento do menor

Dous meses dende o día 1 de xaneiro por variación á baixa da renda da unidade familiar.

Máis información nos servizos sociais comunitarios