PARTICIPACIÓN DO CONCELLO DE PADERNE EN TRES NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

O Concello de Paderne segue a buscar recursos para as persoas do municipio coa participación en novos obradoiros de emprego.
1.- Obradoiro dual de emprego “Reserva de Biosfera: Emprego Verde” en participación conxunta entre os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada con unha subvención de 346.946 € da Consellería de Emprego e Igualdade. Este Obradoiro, dará traballo e formación a un total de 20 alumnos/as durante 9 meses de outubro de 2021 ata xullo de 2022 nas especialidades de:
    - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
    - Instalación e mantemento de xardíns e zonas  verdes
2.- Obradoiro dual de emprego “Artabroemprende II” en participación conxunta entre os concellos de Miño, Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume con unha subvención de 346.946 € da Consellería de Emprego e Igualdade. Este Obradoiro tamén dará emprego e formación a un total de 20 alumnos/as durante 9 meses de outubro de 2021 a xullo de 2022 nas especialidades de:
    - Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
    -Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais
Entre as actuacións a levar a cabo no Concello de Paderne, están:
    - Parque do Adro
- Parque de A Calzada
    - Parque de Gas
    - Praza de Montecelo
    - Praza de Ponte do Porco
    - Parque de San Mamede
    - Parque de Obre
    - Parque de Areas
    - Praza de Insua
    - Parque de Vigo
    - Parque de Medín
    - Praza de Chantada
    - Praza de Souto
    - Parque de O Telleiro
3.- Obradoiro dual de emprego “Empregabilidade e Coidados” en participación conxunta entre os concellos  Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne con unha subvención de 346.946 € da Consellería de Emprego Igualdade. Dará emprego e formación a un total de 20 alumnos/as durante 9 meses de outubro de 2021 a xullo de 2022 nas especialidades de:
    - Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade
    - Atención sociosanitaria  a persoas no domicilio
    - Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais