PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “SOCIOSANITARIO I”

Este 30 de setembro presentouse no Concello de Miño o obradoiro de emprego “Sociosanitario I” conveniado cos concellos de Pontedeume e Paderne; un novo impulso para o emprego e a formación que ten como un dos seus principais obxectivos mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas dos municipios participantes.

Este obradoiro inclúe dúas especialidades; “Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio” formando a 10 alumnos e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” formando a outros 10 alumnos; polo tanto, unhas 20 persoas van a recibir emprego e formación nestas especialidades por un período de 6 meses.

As prácticas profesionais que completarán a formación destes alumnos desenvolveranse na Residencia Nuestra Señora de las Virtudes, en Pontedeume,  e na Residencia Irmáns Hospitalarias Pai Menni de Betanzos, ademais das prácticas a persoas dependentes nos domicilios dos concellos de Miño, Pontedeume e Paderne

Para levar adiante este obradoiro realizouse tamén a contratación de un director a xornada completa, dous mestres para a especialidade de enfermería a xornada completa, un titor a media xornada, un mestre de xestión empresarial a media xornada e un auxiliar administrativo a media xornada.