OBRADOIRO DE EMPREGO: “RESERVA DE BIOSFERA, EMPREGO FORESTAL”
O Concello de Paderne vai a participar nun novo Obradoiro de Emprego: “Reserva de Biosfera, Emprego Forestal”, en cooperación cos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Oza-Cesuras e Sada.
Este novo Obradoiro, do que se poderán beneficiar un total de 20 alumnos traballadores consta de dúas especialidades:
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
Conta cunha subvención de 346.946 € e a súa duración será de 9 meses.
A formación en materia forestal ven a cubrir unha necesidade actual dada a gran riqueza que o monte está a proporcionar para a economía de moitas familias que ven nestas parcelas unha importante fonte de ingresos.
O Concello de Paderne segue a buscar vías de emprego e formación que poidan axudar ós seus habitantes.