CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO: “EMPREGABILIDADE E COIDADOS”


O pasado 19 de xullo realizouse en Betanzos o acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Empregabilidade e coidados” no que participou o Alcalde de Paderne, César Longo ademais dos alcaldes dos concellos que integraban este obradoiro, Betanzos, Abegondo, Carral e Coirós.

Subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, tivo unha duración de nove meses e consistiu nun programa mixto de emprego e formación dirixido a persoas desempregadas.

Contou cun total de 20 participantes que se formaron, durante estes nove meses, en atención sociosanitaria en domicilios, atención sociosanitaria en institucións sociais e promoción e intervención educativa con persoas con discapacidade.
Ademais, realizaron módulos transversais en prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental, sensibilización en igualdade de xénero, orientación laboral e formación empresarial.

O obxectivo é que o alumnado participante obtivese o certificado de profesionalidade que os habilite para traballar en calquera dos centros de atención sociosanitaria para persoas dependentes ou en calquera servizo de axuda no fogar. Esta habilitación é válida para traballar en calquera Comunidade Autónoma. Ademais, adquiriron as competencias e ferramentas necesarias para realizar unha busca de emprego que lles facilite a inserción laboral.