OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “ARTABROEMPRENDE III”
En colaboración cos concellos de Miño, Pontedeume, Monfero e Cabanas, o Concello de Paderne vai a participar no Obradoiro Dual de Emprego “ARTABROEMPRENDE III”.
A través dunha subvención de 503,987 €, para un total de 20 alumnos/as traballadores/as e 12.000 € para 8 incentivos á contratación, as persoas participantes van a poder formarse durante 12 meses, nas seguintes especialidades:
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
Este obradoiro ven a continuar coa formación nas especialidades xa iniciadas en anteriores obradoiros dando opcións de emprego/formación en campos moi demandados actualmente no mercado laboral.