PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA

Un novo obradoiro de emprego no que participa o Concello de Paderne foi presentado o pasado día 8 de novembro no Concello de Miño.

En cooperación conxunta, Miño, Pontedeume e Paderne, este obradoiro de emprego centrado na formación en atención sociosanitaria, xera 20 postos de ocupación para alumnos e oito máis para persoal docente; unha ferramenta máis xeradora de emprego e formación pola que apostan os concellos solicitantes e que ven a contribuír ó benestar de toda a poboación.

Dito obradoiro conta cun investimento total de 288.807 € cofinanciados pola Xunta de Galicia e respalda a aposta que polas políticas sociais se está a facer desde estes gobernos municipais apostando importantes recursos humanos que axudarán a combater as carencias e demandas da poboación.