Subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade

O Concello de Paderne recibiu ao abeiro da Resolución do 12 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018, unha subvención por importe de 10.080 € para o Programa Aulas de Conciliación .

A través deste programa, leváronse a cabo as aulas de conciliación fora do horario escolar, e as aulas de conciliación no período vacacional, no que participaron un total de 53 nenos e nenas, ofrecendo os proxenitores dos menores participantes conciliar a vida laboral e familiar.