SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS GALEGAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL. FEDER 2014–2020

A adopción de medidas para lograr un medio ambiente limpo, é un compromiso que está presente en tódalas accións do goberno que preside o Alcalde de Paderne, César Longo. 

Así, e en base á Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, vense a solicitar unha axuda de 9.002,40 € para continuar coa compostaxe doméstica e dotar a outras 50 vivendas do Concello de composteiros que axuden coa selección de materiais, susceptibles de reciclaxe, e seguir así avanzando cos criterios medioambientais marcados.