SOLICITUDE DE PERSOAL TÉCNICO PARA A AULA DA RÍA

En base á convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos, durante o ano 2022 (FO216), o Concello de Paderne solicitou unha axuda por importe de 11.990,08 € para o proxecto “Técnico Aula da Ría” por un período de 8 meses.

Considérase de gran importancia a contratación dunha persoa para realizar as funcións propias destas instalacións e así dar un bo servizo aos posibles visitantes ademais de poder realizar actividades de coñecemento do medio cos pequeniños das escolas de Educación Infantil do Concello.