SOLICITUDE DE CATRO NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

O Concello de Paderne ven de solicitar catro novos obradoiros de emprego co fin de proporcionar ós seus habitantes emprego e formación para o desenvolvemento de habilidades que lles permitan acadar empregos de calidade dignos para a súa vida.

En convenio-acordo de colaboración entre os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada para a posta en marcha do obradoiro dual de emprego “Reserva de Biosfera: Emprego Rural” 

Para as especialidades de:

• “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”10 alumnos

• “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e complementariamente “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”: 10 alumnos

 

En convenio-acordo de colaboración entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne para a posta en marcha do obradoiro dual de emprego “Formación para a Empregabilidade”

Para as especialidades de:

• “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”: 10 alumnos

• “Atención sociosanitaria a persoas  en domicilio”: 10 alumnos. 

 

En convenio-acordo de colaboración interadministrativa entre os concellos de Miño, Paderne, Pontedeume, Monfero e Cabanas para a execución do obradoiro de emprego “Ártabro Emprende” 

Para as especialidades de:

• “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” : 10 alumnos

• “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” : 10 alumnos. 

Por outra banda, ao abeiro da  Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, solicítase a través de convenio-acordo de colaboración entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne para a posta en marcha do programa de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil “Terras do Mandeo”

Para as especialidades de:

• “Servicios socioculturais á comunidade”: 8 alumnos. 

• “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”: 8 alumnos.